Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 17 de xuño de 2015 Páx. 24149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se acorda someter a información pública o Proxecto de decreto polo que se desenvolve a obriga de reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de posta en valor e multifuncionalidade.

O Proxecto de decreto polo que se desenvolve a obriga de reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de posta en valor e multifuncionalidade ten por obxecto regular as cotas de reinvestimento en montes veciñais en man común previstos no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e, en particular, afondar na definición e na concreción detallada dos diferentes ingresos que deben ser obxecto de reinvestimento, establecer unha relación clara e clasificada das actuacións en materia de protección e mellora do monte que poden ser obxecto de execución e financiadas polos obrigados reinvestimentos, así como regular o procedemento de comunicación e o procedemento de verificación das cantidades mínimas que deberán reinvestir as comunidades de montes veciñais en man común en materia de mellora e protección forestal do monte.

De acordo co exposto, e de conformidade co establecido no parágrafo segundo do artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, que establece que, cando o contido e a repercusión da disposición o aconsellen, será sometida a información pública,

ACORDO:

Someter a información pública, por un prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, o Proxecto de decreto polo que se desenvolve a obriga de reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de posta en valor e multifuncionalidade.

O texto do Proxecto de decreto poderá consultarse no seguinte enderezo electrónico:

http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/institucional/transparencia/elaboracion-de-disposicions-proxectos-e-actos-administrativos/

As persoas interesadas, dentro do prazo sinalado, poderán enviar as súas alegacións, preferentemente mediante correo electrónico, ao seguinte enderezo:
secretariaxeraltecnica.cmrm@xunta.es ou, alternativamente, mediante a presentación de escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2015

María Isabel Concheiro Rodríguez Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar