Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 17 de xuño de 2015 Páx. 24102

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (903/2013).

Dolores Prieto Rascado, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, no procedemento de divorcio 903/2013, seguido por instancia de Cesáreo Durán Vázquez fronte a Dolores Beatriz Calle Delgado se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte resolutiva son os seguintes:

Vistos os presentes autos 903/2013 sobre divorcio promovidos pola procuradora Sra. Lozano en nome e representación de Cesáreo Durán Vázquez como demandante asistido pola letrada Sra. Nieves frente a Dolores Beatriz Calle Delgado, declarada en rebeldía.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Parte resolutiva.

Acordo a disolución do matrimonio formado por Cesáreo Durán Vázquez e Dolores Beatriz Calle Delgado con todos os efectos legais inherentes á dita disolución.

Non se impoñen as custas deste procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra esta resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LAC) ante este tribunal, debendo constituír o depósito legalmente establecido.

E, unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no rexistro civil, onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina S.S.ª. Dou fe.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Dolores Beatriz Calle Delgado, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación en forma.

Ourense, 14 de maio de 2015

A secretaria xudicial