Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 19 de xuño de 2015 Páx. 24757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2015/81-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, nº 204, 36207 Vigo.

Denominación: modificado LMT reordenación Vila de O Porriño.

Situación: O Porriño.

Características técnicas:

LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ estruturada do seguinte xeito:

– ATI726. 402 metros; orixe: punto de acceso existente (en diante PAE) no nó C; final: punto de acceso proxectado no nó D.

– ATI731-tramo 1. 441 metros; orixe: CT Xogo da Ola; final: PAE no nó K.

– ATI731-tramo 2. 78 metros; orixe: PAE no nó E; final: PAE no nó F.

– ATI731-tramo 3. 85 metros; orixe: PAE no nó H; final: CT avenida Galicia.

– ATI733. 139 metros; orixe: apoio existente no nó A; final: cela de liña proxetada no CT A Ponte do Valo.

– LMT ao CT Fondevila de 14 metros; orixe: PAE no nó H; final: CT Fondevila.

Adecuación do centro de transformación A Ponte do Valo (36CC00).

A instalación está situada na zona da avenida de Bos Aires (O Porriño).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 28 de maio de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra