Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 2 de xullo de 2015 Páx. 27714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización do contrato para a obra de renovación de espazos e adecuación á normativa vixente (fases II e III) do CIFP As Mercedes de Lugo, co posible cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder (expediente ED 11/14-O).

missing image file

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á formalización do seguinte contrato de obras:

1. Obra de renovación de espazos e adecuación á normativa vixente (fases II e III) do CIFP As Mercedes de Lugo.

1.1. Adxudicataria: Acciona Infraestructuras, S.A.

1.2. Importe de adxudicación: 2.597.780,29 € (IVE excluído), o dito importe poderá estar cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 75.

1.3. Data de adxudicación: 3 de xuño de 2015.

1.4. Data de formalización do contrato: 12 de xuño de 2015.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2015

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria