Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de xuño de 2015, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-05316-O-2014 e tres máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución dos expedientes sancionadores número XC-05316-O-2014 e outros tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio, notifícanse as resolucións ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, as persoas interesadas deberán aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 18 de xuño de 2015

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-05316-O-2014

2598-DFH

Garda Civil 1503 T67277V

Manteiga Rivas Manuel

76326995T

Campo Feria, 28

27300 Guitiriz

Lugo

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.
12.8.2014; 9.57.00; A-6; 565,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-05733-O-2014

1286-FFD

Garda Civil 1502 Q97183H

Manuel Carmona Parejo

48866864Y

R/ Fuente Palmera, 28

14900 Lucena

Córdoba

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

17.9.2014; 13.11.00; AC-552; 46,2

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-05930-O-2014

8382-HMM

Garda Civil 1504 Z27752V

Trans Sum y Ser, S.L.

B47706429

Avda. Prolongación Avenida Valladolid, 2

47193 Cisterniga

Valladolid

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 9 horas). Máis de 9 horas ata 10 horas.

2.10.2014; 13.10.00; AP-9; 55,2

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-06087-O-2014

6534-DLN

Garda Civil 1500 D64627A

Cesáreo Palmeira Santos

32429035R

Río Valiña 1 2 C

15660 Cambre

A Coruña

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 7 %.
16.9.2014; 11.00.00; AC-552; 29,4

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

325 euros