Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Boqueixón (expediente IN407A 2015/152-1).

Expediente: IN407A 2015/152-1.

Solicitante: Udesa, S.A.

Denominación: punto fronteira Valderrama e liña de media tensión soterrada 20 kV de interconexión a CT Camporrapado II (Boqueixón).

Concello: Boqueixón.

Características técnicas:

1. Instalación e montaxe do punto fronteira e manobra Valderrama en edificio prefabricado de formigón PFU- 5 ou similar, incluíndo dúas zonas diferenciadas:

– Zona Unión Fenosa: unha cela de interruptor automático en baleiro de liña motorizada e unha cela de liña de remonte coas instalacións de Udesa, así como a correspondente instalación de servizos auxiliares.

– Zona Udesa: unha cela de interruptor automático en baleiro motorizada, unha cela de remonte, unha cela de medida, unha cela de liña e unha cela de protección do transformador, xunto a un transformador de 100 kVA, así como a correspondente instalación de servizos auxiliares, control, comunicacións, protección e medida.

2. Tramo de liña subterránea de alta tensión de interconexión entre o punto fronteira Valderrama proxectado e o CT Camporrapado II existente, en simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 Al), de 1.947 m de lonxitude.

3. Instalación dunha cela de liña no CT Camporrapado II existente para a liña de media tensión subterránea proxectada.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 9 de xuño de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña