Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2011/104-1).

Expediente: IN407A 2011/104-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: modificado I LMTS CT e RBT polígono industrial de Allo.

Concello: Zas.

Feitos:

1. O 28.11.2013 Unión Fenosa Distribución, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm. 224, do 21 de novembro de 2014, e no BOP núm. 215, do 10 de novembro.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, de aplicación a este expediente en virtude da disposición transitoria segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación, de aplicación a este expediente en virtude da disposición transitoria primeira do Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– LMTS a 20 kV baixo tubo Ø160 mm, de 592 metros de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), coa orixe no paso aéreo-subterráneo (PA/S) dotado de elementos de seccionamento (SXS) e pararraios autoválvulas para instalar no apoio nº 13-9, de formigón tipo AL-HV-630/13, pertencente á LMT aérea CBA-810 Zas (treito LMTA ao CT Cebola/expediente IN407A 1997/398-1) e remate en cela de liña do CT Allo nº 2 proxectado, logo de entrar e saír no CT Allo nº 1 e percorrer as rúas interiores do polígono.

– Centros de transformación (2), en edificios prefabricados, de manobra exterior, de 630 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 20/0,40/0,23 kV, cunha configuración de celas 2L+1P con illamento en SF6, denominados CT Allo nº 1, para instalar na rúa G do polígono á altura da medianeira das parcelas nº 14 e nº 15, e CT Allo nº 2, para instalar á altura da medianeira das parcelas nº 21 e nº 22 na vía auxiliar de acceso ao polígono paralelo á estrada AC-552 (A Coruña-Cee).

O orzamento da instalación segundo proxecto é de 266.976,47 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado, resolvo:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude á cal se xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipo e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así coma das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 11 de xuño de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña