Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada en 10 lotes, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación urxente, da realización das rutas de transporte escolar do IES de Cacheiras (Teo), CEIP Alborada (A Coruña), IES Eduardo Pondal (Santiago de Compostela), CEIP Xuño (Porto do Son), CEIP Plurilingüe O Mosteirón e IES O Mosteirón (Sada) durante os cursos escolares 2015/16 e 2016/17.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para obter a información:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Educativos Complementarios. Servizo de Xestión do Transporte Escolar dos Centros Docentes non Universitarios.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfonos: 981 54 54 14/981 54 54 73/981 54 44 28.

5º. Telefax: 981 54 54 43.

6º. Correo electrónico: transporteescolar.santiago@edu.xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22977

8º. Data límite de obtención da documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición: realización das rutas de transporte escolar definidas no anexo IV do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: 10 lotes definidos no anexo IV do PCAP.

d) Lugares de execución: definidos no anexo IV do PCAP.

e) Prazo de execución: desde o seu asinamento ata o último día lectivo do curso escolar 2016/17.

f) Admisión de prórroga: poderanse prorrogar para o período lectivo que se fixe nos cursos escolares 2017/18 e 2018/19.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto multicriterio.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 9 do PCAP.

4. Orzamento base de licitación: Importe neto: 721.163,64 €. IVE (10 %) 72.118,28 €. Importe total: 793.281,92 €, segundo se desagrega no anexo IV do PCAP.

5. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do orzamento base da licitación, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: as especificadas na cláusula 5 do PCAP.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do oitavo día natural posterior á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día deste prazo cadra en sábado, o Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia permanecerá aberto ata as 14.00 horas.

Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama ou fax (981 54 54 43).

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: o sinalado nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura dos sobres B:

a) Enderezo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: o oitavo día hábil, contado desde o seguinte ao de rematar o prazo de presentación de ofertas, ás 10.00 horas. De coincidir este en sábado ou inhábil, efectuarase o primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios, a razón de 10,82 € por cada liña publicada.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2015

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria