Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2015 pola que se anuncia a licitación da contratación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada e con tramitación ordinaria, documentalmente simplificado, da xestión do servizo público de recollida, transporte e eliminación dos cadáveres de animais mortos nas explotacións gandeiras da Comunidade Autónoma de Galicia (expediente 8/2015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: xestión de servizo público.

b) Descrición do obxecto: prestación, por concesión administrativa, do servizo público consistente na recollida, transporte e eliminación dos cadáveres de animais mortos nas explotacións gandeiras da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: dez (10) anos.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 90520000.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, con documentación simplificada.

Criterios de adxudicación: automáticos con aplicación de fórmulas, segundo a epígrafe K da folla de especificacións.

4. Orzamento de licitación: tarifas máximas de 0,460 €/kg para animais bovinos e de 0,286 €/kg para animais do resto de especies.

Valor estimado: 114.132.750,00 €.

5. Financiamento: non supón gasto para a Administración.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas epígrafes G e H da folla de especificacións.

7. Garantías exixidas: definitiva 5 % do importe resultante de multiplicar as tarifas de adxudicación polo número de quilos que se prevé recoller no período dun ano para cada especie.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Enderezo: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas); 981 54 57 21 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22915

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos trinta (30) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781). Poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado, a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 50 03).

10. Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

11. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Sala de Xuntas da Secretaría Xeral Técnica da consellería.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do décimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas.

12. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

13. Outras informacións: establecemento de condicións especiais de execución (cláusula M da folla de especificacións).

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar