Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28204

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (317/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 317/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Elena Naveiro Quian, contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L., se ditou a seguinte sentenza, cuxa decisión di literalmente:

«Que estimando integramente a demanda interposta por María Elena Naveiro Quian, contra Limpiezas El Polígono, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle a María Elena Naveiro Quian a suma de 5.435,73 euros polos conceptos indicados no fundamento xurídico terceiro desta resolución, máis o xuro do artigo 1108 do Código civil sobre a devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e o xuro do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

En relación coa responsabilidade do Fogasa haberá que aterse, se é o caso, ao disposto no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2015

A secretaria xudicial