Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 10 de xullo de 2015 Páx. 28856

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2015 pola que se dá publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 23 de decembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 11, do 19 de xaneiro de 2015) pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas coa indicación da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 23 de decembro de 2014 (DOG núm. 11, do 19 de xaneiro), pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2015, con cargo ás aplicacións orzamentarias 09.21.433A.770.0 e 09.21.433A.781.2, segundo o anexo I desta resolución.

Segundo. Desestimar o resto das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde o 23 de decembro de 2014, que se recollen no anexo II desta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Anexo I

Solicitante

Actuación

Subvención concedida

Aplicación orzamentaria

C.B. Vázquez Prado

Escavación arqueolóxica en área no inmoble núm. 50 da rúa de San Roque da cidade de Lugo

3.398,53 €

09.21.433A.770.0

José Lado Martínez

Sondaxes arqueolóxicas valorativas no inmoble núm. 5 da rúa Caldeirería, Santiago de Compostela

924,00 €

09.21.433A.770.0

Pensión El Mosquito, S.L.

Control arqueolóxico das obras de rehabilitación do edificio da rúa Elduagen, núm. 3, Baiona

427,50 €

09.21.433A.770.0

Hermanos Fraiz Gómez, C.B.

Escavación arqueolóxica en área no inmoble núm. 33-35 da rúa Armañá da cidade de Lugo

8.316,00 €

09.21.433A.770.0

Balneario y Termas de Lugo, S.L.

Control de remoción de terras e escavación arqueolóxica na área do Hotel Balneario de Lugo

8.575,65 €

09.21.433A.770.0

CMVMC de Arcos

Control arqueolóxico para as actuacións paisaxísticas en montes da comunidade de Arcos, Ponteareas

413,00 €

09.21.433A.770.0

José Ramón Rosales Gómez

Control arqueolóxico e sondaxes manuais no soar núm. 6 da rúa Forno, en Marín, para o proxecto básico de reforma do edifico

755,20 €

09.21.433A.781.2

Mercedes Giadás Álvarez

Sondaxes arqueolóxicas valorativas previas á construción dunha vivenda unifamiliar na Urbanización Mirasol, en Teis, Vigo

1.422,79 €

09.21.433A.781.2

Aida Griselda Cideres Junco

Sondaxes arqueolóxicas manuais avaliativas derivadas de obras de demolición e posterior construción de vivenda situada na rúa San Xoán, 11, Baiona

1.311,00 €

09.21.433A.781.2

Carlos A. Gómez Otero

Sondaxes arqueolóxicas valorativas no inmoble núm. 27 da rúa do Medio, Santiago de Compostela

756,71 €

09.21.433A.781.2

María José Taboada Taboada

Sondaxes arqueolóxicas manuais e gabias mecánicas en Castro de Abaixo, Lodeiro, Lalín

665,50 €

09.21.433A.781.2

Celso Domínguez Oliveira

Sondaxes arqueolóxicas para a construción dunha vivenda unifamiliar na rúa Ourense, núm. 6, Urbanización San Roque, Carril, Vilagarcía de Arousa

961,95 €

09.21.433A.781.2

Juan Ignacio Suárez-Llanos Gómez

Sondaxes arqueolóxicas mecánicas previas á construción dunha vivenda unifamiliar no Burgovedro, Borreiros, Gondomar

508,20 €

09.21.433A.781.2

Carlos Vila Corredoira

Sondaxes mecánicas para construción de vivenda unifamiliar en Chaián, parroquia de Laxe, Moraña

801,63 €

09.21.433A.781.2

Beatriz Vilar Vázquez

Control arqueolóxico da instalación de piscina na rúa Rego de Auga, núm. 1, na vila de Corcubión

423,50 €

09.21.433A.781.2

Ana María Martínez Gómez

Control arqueolóxico das obras de reforzo de estrutura na rúa dos Prateiros, núm. 22, Betanzos

397,49 €

09.21.433A.781.2

Antonio Carrera Nogueira

Sondaxes arqueolóxicas de ampliación de vivenda na rúa Carballal, núm. 34 e 36, en Cabral, Vigo

3.889,64 €

09.21.433A.781.2

Milagros Ferro Magariños

Sondaxes arqueolóxicas previas e control arqueolóxico do proxecto de rehabilitación de vivenda unifamiliar na rúa Vidal Cepeda, núm. 16, Padrón

1.149,15 €

09.21.433A.781.2

Juan José Fundín Ubeira

Sondaxes arqueolóxicas mecánicas avaliativas nunha parcela de Carregal de Arriba, parroquia de Amorín, Tomiño

449,22 €

09.21.433A.781.2

Anexo II

Solicitante

Actuación

Causas

Fundación Aquae Querquennae Vía Nova

Escavación arqueolóxica no campamento romano de Aquis Querquennis, Bande, Ourense

Non se axusta ao artigo 1.1 da Orde do 23 de decembro de 2014, xa que non se trata dun promotor particular de calquera tipo de obra que afecte un conxunto histórico, zona arqueolóxica ou xacemento catalogado ou inventariado, en que a Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou a figura de planeamento vixente determine a necesidade de realizar intervencións arqueolóxicas

Ferreiro Manzón, S.L.

Escavación arqueolóxica na área do inmoble, núm. 8-10, da rúa Bolaño Rivadeneira da cidade de Lugo

Incumprimento do requisito de emenda e/ou achega de toda a documentación requirida no prazo establecido

María José García Lesmes

Sondaxes manuais no predio de Monte Forte de Gabriel, en Ribadetea, Ponteareas

Non se axusta ao artigo 5.a) da Orde do 23 de decembro de 2014, xa que a autorización do proxecto de intervención arqueolóxica é anterior ao ano 2010