Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 13 de xullo de 2015 Páx. 29015

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 3 de xullo de 2015 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas para nenos e nenas de cero a tres anos nas escolas infantís 0-3 de titularidade privada con prazas concertadas para o curso 2015/16.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23, asigna á Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece no seu artigo 3 os obxectivos do sistema galego de servizos sociais, incluíndo entre estes o de proporcionar oportunidades e recursos que garantan a igualdade entre mulleres e homes e posibiliten a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral, así como o de garantir o apoio ás familias como marco de referencia en que se desenvolven as persoas.

Así mesmo, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, recoñece no seu artigo 6 como un dos principios de responsabilidade pública o de atender, apoiar e protexer as familias como núcleo fundamental da sociedade no cumprimento das súas funcións.

O Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, atribúe á Dirección Xeral de Familia e Inclusión o exercicio das políticas autonómicas de apoio á familia e á infancia, así como a promoción e adopción das medidas de conciliación que garanten un ambiente favorable para o libre desenvolvemento das familias.

Neste contexto, a Xunta de Galicia conta cunha rede propia de escolas infantís 0-3 e contribúe ao financiamento das escolas de titularidade municipal e de entidades de iniciativa social, que amplían e complementan a rede de recursos de atención á infancia sostida con fondos públicos.

Así mesmo, a consellería conta co programa do cheque infantil, consistente nunha axuda económica directa ás familias para o pagamento total ou parcial dunha escola infantil privada da súa escolla. Esta axuda está destinada a aquelas familias que non obtivesen praza nunha escola pública ou financiada con fondos públicos e marcasen a opción do cheque infantil na súa solicitude, e a aquelas outras que residan en localidades que carezan de prazas públicas.

Pola súa vez, a fin de dar unha solución eficaz e concreta ao volume das listas de espera que se concentran na rede pública de escolas infantís das sete grandes cidades e, por extensión, ás dos concellos das súas respectivas áreas de influencia, ponse en marcha por primeira vez un concerto de prazas en escolas infantís de titularidade privada. Estas prazas, dirixidas ás persoas solicitantes que non obtivesen praza en ningunha das escolas da rede pública autonómica, terán as mesmas condicións que as públicas, tanto no que atinxe aos servizos que inclúen como aos prezos que aboarán as familias.

Conforme o exposto, facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís de titularidade privada que resultaron adxudicatarias do concerto de prazas do primeiro ciclo de educación infantil nas sete grandes cidades e nos concellos da súa área de influenza.

Artigo 2. Persoas adxudicatarias

Poderán ser adxudicatarios/as de praza nas escolas infantís de titularidade privada con prazas concertadas para o primeiro ciclo de educación infantil relacionadas no anexo I, que poderá ser obxecto de modificación en virtude do resultado da adxudicación do contrato de xestión de servizos para o concerto de prazas, os nenos e as nenas menores de tres anos residentes nas sete grandes cidades de Galicia e nos concellos das súas áreas de influencia, especificados no anexo II que , unha vez resolto o procedemento de adxudicación de prazas, se encontren na lista de espera das escolas infantís de titularidade da Axencia Galega de Servizos Sociais e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar por falta de prazas dispoñibles nelas.

As escolas relacionadas no anexo I son as incluídas na proposta de adxudicación do contrato de xestión de servizos públicos por lotes para o concerto de prazas do primeiro ciclo de educación infantil en escolas infantís de titularidade privada (expediente PA 39/2015), que poderán ser obxecto de modificación unha vez que se resolva definitivamente a adxudicación do dito contrato; neste caso, remitirase novamente comunicación ás persoas solicitantes, de acordo co establecido no artigo 6 desta orde.

Artigo 3. Oferta de prazas

1. Ás persoas en lista de espera ofertaráselles a opción de escoller praza, por orde de preferencia, entre todas as escolas infantís propostas para o concerto de prazas (anexo I) da súa cidade ou área de influencia (anexo II), sen que a renuncia a esta opción implique o decaemento da lista de espera da escola infantil pública.

A aceptación dunha praza nunha das escolas infantís ofertadas, de acordo co procedemento establecido no artigo 6 desta orde, implica a renuncia a continuar na lista de espera da escola pública e a de ser candidato/a ao cheque infantil, de ser o caso.

2. Unha vez concedida a praza, esta deberá manterse nas mesmas condicións durante todo o curso agás as seguintes circunstancias, sobrevidas e xustificadas documentalmente:

a) Ter pasado á situación de desemprego ou outros motivos de carácter laboral.

b) Enfermidade grave das/os nais/pais ou representantes legais.

c) Situación de nulidade, separación ou divorcio.

d) Situacións de violencia de xénero.

3. A permanencia do alumnado na escola infantil non poderá superar as oito horas diarias durante 11 meses ao ano.

4. Os modelos de escolla de centro e de matrícula estarán dispoñibles na páxina web: http://benestar.xunta.es .

Artigo 4. Prezos

As familias con nenos e nenas aos/ás cales se conceda unha praza concertada nunha das escolas infantís obxecto desta orde aboarán á escola infantil os prezos públicos establecidos polo Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar, modificado polo Decreto 91/2014, do 19 de xaneiro, con base na aplicación dos prezos públicos mensuais segundo os tramos de renda per cápita da unidade familiar e dos descontos aplicables en cada caso.

A diferenza entre o prezo de licitación da praza e a contía que corresponda aboar ás familias, en aplicación dos prezos públicos vixentes, será aboada mensualmente á escola infantil pola Consellería de Traballo e Benestar.

Artigo 5. Regras e definicións para a determinación do importe que se deberá pagar

Para a determinación do importe mensual que aboarán as persoas obrigadas ao pagamento dos prezos públicos teranse en contas as especificacións recollidas no anexo do Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro. Para estes efectos, a renda per cápita mensual da unidade familiar computarase segundo as seguintes regras:

a) Entenderase por unidade familiar a formada polos/as cónxuxes non separados/as legalmente e:

– As fillas e os fillos menores, con excepción dos que, con consentimento das nais e/ou dos pais, vivan independentes destes.

– As fillas e os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

– As fillas e os fillos maiores de dezaoito anos cun grao de discapacidade superior ao 33 %.

A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente en 31 de decembro de 2013.

b) Tomarase o importe dos ingresos totais de cada un dos membros da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas do exercicio anterior calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro e segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF). Para estes efectos, tomarase para o cálculo da cota a declaración do IRPF correspondente ao ano 2013.

c) O importe anterior dividirase polo número de membros computables da unidade familiar. No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

Entenderase por familia monoparental a unidade familiar a que se refire a letra a) cando forme parte dela unha única persoa proxenitora que non conviva con outra persoa con quen manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que a outra proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.

d) A renda per cápita mensual será o resultado de dividir o importe anterior entre doce.

Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles a que se fai referencia obteranse como resultado de aplicar aos datos existentes na Administración os criterios da lexislación do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Artigo 6. Tramitación e avaliación das solicitudes

1. Os servizos de Familia e Menores das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar serán os órganos responsables da tramitación dos expedientes.

Estes remitirán unha comunicación a aquelas persoas solicitantes de praza nas escolas infantís da rede pública autonómica que se encontren en lista de espera segundo a súa orde de puntuación e ata esgotar as prazas dispoñibles.

Nesta comunicación ofreceráselle a opción de escoller unha praza, por orde de preferencia, entre as escolas infantís da súa cidade ou da súa área de influencia relacionadas no anexo I.

No caso de que a persoa solicitante acepte a oferta, deberá remitir o modelo que se achega coa comunicación debidamente completado no prazo de 5 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da recepción desta.

No caso de que a persoa interesada non responda a comunicación remitida pola consellería no prazo sinalado ou non a recolla, se for o caso, no servizo de correos, permanecerá na lista de espera da escola pública para a cal solicitou praza.

Unha vez resolto o procedemento en que se adxudique a praza solicitada, e comunicada esta, a familia disporá dun prazo de 5 días naturais para formalizar a matrícula na escola infantil adxudicada e remitir copia do xustificante ao Servizo de Familia e Menores da xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar que corresponda á súa provincia.

2. A avaliación das solicitudes será efectuada pola comisión de avaliación que se constituirá en cada xefatura territorial.

3. A comisión de avaliación estará constituída polos seguintes membros:

– Presidencia: a persoa titular do Servizo de Familia e Menores ou persoa que a substitúa.

– Vogais: tres persoas empregadas públicas da respectiva xefatura territorial, nomeadas pola persoa titular da xefatura territorial competente na materia, unha das cales actuará como secretaria/o, cos seus respectivos suplentes.

A esta comisión poderá asistir tamén, con voz pero sen voto, unha persoa representante da intervención competente.

En cada comisión provincial de valoración procurarase acadar unha presenza equilibrada de homes e mulleres.

Artigo 7. Criterios de valoración das solicitudes

1. As comisións de avaliación, tendo en conta a puntuación obtida polos/as candidatos/as a ser adxudicatarios/as dunha praza concertada, de acordo co establecido no artigo 2 desta orde, elaborarán a relación dos candidatos e candidatas por orden de prelación, de acordo co baremo do anexo III.

2. O Servizo de Familia e Menores da xefatura territorial elevará un informe, xunto coa proposta de resolución, ao xefe ou xefa territorial correspondente propoñendo a concesión ou denegación das prazas.

3. Na proposta de resolución figurará a relación de persoas seleccionadas para cada centro ordenadas por orde de puntuación.

4. As persoas que non obtivesen unha praza concertada continuarán na lista de espera da escola infantil pública.

Artigo 8. Resolución

1. A resolución das prazas, por proposta do Servizo de Familia e Menores, corresponde, por delegación da conselleira de Traballo e Benestar, ás persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, que deberán resolver no prazo de cinco días desde a data de elevación da proposta.

O seu contido será notificado ás persoas interesadas de acordo co establecido no artigo 58.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo para resolver e notificar a resolución de adxudicación de praza será de tres meses contados desde o día seguinte á data da publicación da presente orde.

3. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. En caso de silencio administrativo, o prazo será de tres meses a partir do día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada. Neste caso non poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou por desestimación presunta o recurso de reposición.

Artigo 9. Revisión do prezo

Ao longo do curso poderase proceder á revisión do prezo fixado inicialmente cando concorran e se xustifiquen variacións socioeconómicas na unidade familiar referidas aos seguintes casos:

a) A modificación das circunstancias que determinan os descontos recollidos na normativa vixente en materia de prezos públicos.

b) As variacións nos seus ingresos que impliquen unha modificación substancial na súa capacidade económica actual. Soamente se terán en conta as variacións que supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20 % no cómputo anual fronte aos ingresos declarados na solicitude de praza ou, de ser o caso, nunha variación posterior. Estas variacións deberán ter unha duración dun mínimo de seis meses para seren tomadas en consideración e xustificaranse por medio da declaración do IRPF, dun certificado emitido pola AEAT ou por calquera outra documentación que, a xuízo da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, xustifique e permita un novo cálculo da renda per cápita da unidade familiar.

c) A variación no número de membros da unidade familiar.

Neste sentido, a persoa beneficiaria queda obrigada a comunicar calquera variación que se produza ao respecto.

A modificación do prezo, de ser o caso, será resolta pola persoa titular da xefatura territorial e aplicarase a partir do primeiro día do mes natural seguinte ao da data da correspondente resolución.

Artigo 10. Baixas

1. Será causa de baixa nas escolas infantís:

a) O cumprimento da idade máxima regulamentaria de permanencia no centro.

b) A solicitude das nais, dos pais ou das/os representantes legais.

c) A falta de pagamento do prezo establecido durante dous meses consecutivos ou tres alternos, calquera que for o curso escolar a que se refire a débeda, sen prexuízo da reclamación desta polo procedemento administrativo de constrinximento.

d) A comprobación de falsidade nos documentos ou nos datos achegados.

e) A incompatibilidade ou inadaptación absoluta para permanecer no centro.

f) A falta de asistencia continuada durante quince días sen causa xustificada.

2. Naqueles casos en que a falta de asistencia sexa xustificada e se prolongue máis dun mes haberá que presentar xustificación con carácter mensual. O incumprimento desta obriga será causa de baixa.

Artigo 11. Protección de datos

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta orde, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades». O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Traballo e Benestar, Secretaría Xeral Técnica, Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela; ou a través dun correo electrónico a: sx.traballo.benestar@xunta.es .

Disposición derradeira primeira

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Familia e Inclusión para ditar as disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento desta orde e, de ser o caso, publicar na páxina web http://benestar.xunta.es a modificación dos centros relacionados no anexo I.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2015

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO I
Relación de escolas infantís que ofertan prazas a través do sistema de concerto

Centro

Enderezo

Concello

Provincia

Prazas ofertadas

Grupo idade

Nº prazas

Colegio Infantil Nazaret

Arquitecto Rey Pedreira, 2-4

A Coruña

A Coruña

0-1

1

1-2

3

2-3

4

E.I. Fogar Santa Margarida

Valle Inclán, 1-3

A Coruña

A Coruña

0-1

-

1-2

6

2-3

9

E.I. Matogrande

María Puga Cerdido, 10, Matogrande

A Coruña

A Coruña

0-1

5

1-2

13

2-3

13

A Fraga Encantada

Pintor Lucio Muñoz, 3 B

Cambre

A Coruña

0-1

2

1-2

6

2-3

8

Xardín de Infancia Chiquitín

Celso Emilio Ferreiro, 29 B,

O Temple

Cambre

A Coruña

0-1

2

1-2

6

2-3

2

E.I. La Barcala

Río Mandeo, s/n, Urb. A Barcala

Cambre

A Coruña

0-1

1

1-2

1

2-3

1

E.I. Trasnos

Castellana, 87

Cambre

A Coruña

0-1

2

1-2

13

2-3

15

E.I. Trastes

Rúa do Deporte, 10 B

Oroso

A Coruña

0-1

2

1-2

3

2-3

5

E.I. Kid’s Garden de Santiago

As Burgas, 6

Santiago de Compostela

A Coruña

0-1

1

1-2

1

2-3

2

E.I. Os Pequerrechos de Santiago

Área Central, L33, 1º andar,

As Fontiñas

Santiago de Compostela

A Coruña

0-1

5

1-2

13

2-3

13

E.I. Os Pequerrechos de Ferrol

Praza de España, 7 B, baixo

Ferrol

A Coruña

0-1

5

1-2

13

2-3

13

E.I. Golfiños de Lugo

Dona Urraca, 67

Lugo

Lugo

0-1

1

1-2

1

2-3

5

E.I. Coke II

Magoi, 118

Lugo

Lugo

0-1

2

1-2

2

2-3

2

E.I. Rillotes

Río Xares, 18 B

Ourense

Ourense

0-1

3

1-2

9

2-3

10

E.I. Los Tilos

Alfredo Brañas, 62 A

Ourense

Ourense

0-1

2

1-2

2

2-3

2

E.I. Pequechiños

Nosa Sª da Saínza, 32

Ourense

Ourense

0-1

4

1-2

5

2-3

5

E.I. Lazos

Irmáns Xesta, 2 B

Ourense

Ourense

0-1

2

1-2

4

2-3

4

E.I. Lecer

Travesía de Portocarreiro, 10-12

Ourense

Ourense

0-1

1

1-2

2

2-3

3

E.I. Integral Dalila Ponteporto II

Ourense, 50, Edificio Ponteporto

Marín

Pontevedra

0-1

2

1-2

4

2-3

5

Trastes C.E.I. de Poio

Andurique, 47

Poio

Pontevedra

0-1

2

1-2

3

2-3

6

E.I. Pipo de Lérez

Pasarón, 3

Pontevedra

Pontevedra

0-1

3

1-2

5

2-3

5

E.I. Bamby

San Roque de Abaixo, 1

Pontevedra

Pontevedra

0-1

2

1-2

6

2-3

10

E.I. Integral Dalila Cangas

Lisboa, 1 B

Cangas

Pontevedra

0-1

5

1-2

13

2-3

13

E.I. Pequerrechos

Vilariño, s/n, A Ramallosa

Nigrán

Pontevedra

0-1

1

1-2

1

2-3

1

E.I. 0-3 Urxo Peluxe

Bº da Guía, s/n, Atios

O Porriño

Pontevedra

0-1

1

1-2

5

2-3

10

C. Educación Infantil o Xardín de Hispanidad

Hispanidade, 46, Romil, 57 A

Vigo

Pontevedra

0-1

1

1-2

11

2-3

11

C. Educación Infantil

o Xardín

Ramón Couto, 27

Vigo

Pontevedra

0-1

1

1-2

11

2-3

11

E.I. Aceimar

Ponte, 80-82, Cabral

Vigo

Pontevedra

0-1

6

1-2

9

2-3

15

E.I. A Camelia de Vigo

Bravo, 36, Urb. Samil

Vigo

Pontevedra

0-1

4

1-2

13

2-3

13

ANEXO II
Concellos: área de influencia

A Coruña: Abegondo, A Laracha, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cerceda, Culleredo, Oleiros, Oza-Cesuras e Sada.

Ferrol: Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos, Narón, Neda, Miño, Pontedeume, Valdoviño.

Santiago de Compostela: Ames, Boqueixón, Brión, Negreira, O Pino, Oroso, Rois, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra.

Lugo: Castro de Rei, Castroverde, Friol, Guntín, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade.

Ourense: Amoeiro, Barbadás, Coles, O Pereiro de Aguiar, Punxín, San Cibrao das Viñas e Toén.

Pontevedra: Barro, Campo Lameiro, Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Sanxenxo e Vilaboa.

Vigo: Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Gondomar, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Soutomaior.

ANEXO III
Baremo

1º. Situación socio-familiar.

1.1. Por cada membro da unidade familiar: 2 puntos.

1.2. Por cada persoa que, non formando parte da unidade familiar, estea ao seu cargo: 1 punto.

1.3. No caso de que o/a neno/a para o cal se solicita a praza nacese nun parto múltiple: 1 punto.

1.4. Por cada membro da unidade familiar afectado por discapacidade, enfermidade que requira internamento: periódico, alcoholismo ou drogodependencia: 2 puntos.

1.5. Pola condición de familia monoparental: 3 puntos.

1.6. Por ausencia do fogar familiar de ambos os membros parentais: 6 puntos.

1.7. Pola condición de familia numerosa: 3 puntos.

1.8. Outras circunstacias familiares debidamente acreditadas: ata 3 puntos.

2º. Situación laboral familiar.

2.1. Situación laboral de ocupación:

– Nai: 6 puntos.

– Pai: 6 puntos.

2.2. Situación laboral de desemprego (1):

– Nai: 2 puntos.

– Pai: 2 puntos.

2.3. Persoas que desenvolvan e perciban o tramo de inserción (Risga):

– Nai: 3 puntos.

– Pai: 3 puntos.

– (1) Valorarase tal condición coa certificación de demanda de emprego con efectos do día anterior ao da publicación desta resolución.

– No caso de familias monoparentais ou aquelas en que o neno ou a nena conviva cunha soa persoa proxenitora, adxudicaráselles a puntuación da epígrafe correspondente computando por dous.

– Só se poderá obter puntuación por unha das epígrafes anteriores.

3º. Situación económica.

R.P.C. mensual da unidade familiar, referida ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente:

– Inferior ao 30 % do IPREM: +4 puntos.

– Entre o 30 % e inferior ao 50 % do IPREM: +3 puntos.

– Entre o 50 % e inferior ao 75 % do IPREM: +2 puntos.

– Entre o 75 % e inferior ao 100 % do IPREM: +1 punto.

– Entre o 100 % e inferior ao 125 % do IPREM: -1 punto.

– Entre o 125 % e inferior ao 150 % do IPREM: -2 puntos.

– Entre o 150 % e o 200 % do IPREM: -3 puntos.

– Superior ao 200 % do IPREM: -4 puntos.

– En caso de obter igual puntuación, terán preferencia en primeiro lugar as solicitudes de xornada completa con servizo de comedor sobre as solicitudes de media xornada, e despois a renda per cápita máis baixa.

– Para os efectos desta resolución, están a cargo da unidade familiar as persoas que, convivindo no mesmo domicilio, teñen ingresos inferiores ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente.

– No caso de ausencia do fogar familiar de ambos os membros parentais, adxudicarase a puntuación máxima nas epígrafes 2ª e 3ª do baremo.

– No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.