Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 13 de xullo de 2015 Páx. 29053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade do acordo do Consello da Xunta do 25 de xuño de 2015, polo que se acepta a renuncia e se declara a extinción da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica outorgada a Multimedia de Comunicaciones del Atlántico, S.L., na frecuencia 101.9 MHz, na localidade de Cariño.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día vinte e cinco de xuño de dous mil quince,

RESOLVO:

Dar publicidade ao acordo do Consello da Xunta do 25 de xuño de 2015 que a continuación se transcribe:

«Aceptar a renuncia e declarar a extinción da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica outorgada a Multimedia de Comunicaciones del Atlántico, S.L., na frecuencia 101.9 MHz, na localidade de Cariño».

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios