Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2015/167-1).

Número de expediente: IN407A 2015/167-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT VIM-802, lugar de San Tirso.

Concello: Zas.

Características técnicas:

Elevación tramo liña eléctrica de media tensión aérea VIM-802:

Liña eléctrica de media tensión aérea a 20 kV entre os apoios nº 25 e 26, cunha lonxitude de 0,132 km, coa orixe no apoio nº 25 existente da LMT VIM-802 no tramo entre a derivada ao CT O Orbellido II (expediente 50.294) e a derivada ao CT O Couto (expediente 50.804), en condutor LA-30 mm2 Al e final no apoio nº 26 proxectado que substitúe ao existente da LMT VIM-802, apoio onde se realiza o entroncamento da derivada ao CT O Couto (expediente 50.804).

Liña eléctrica de media tensión aérea a 20 kV entre os apoios nº 26 e 26/1, cunha lonxitude de 0,041 km, coa orixe no apoio nº 26 proxectado que substitúe o existente da LMT VIM-802 onde se realiza o entroncamento da derivada ao CT O Couto (expediente 50.804), en condutor LA-30 mm2 Al e final no apoio nº 26/1 proxectado que substitúe o existente da LMT VIM-802, no tramo da derivada ao CT O Couto (expediente 50.804).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 22 de xuño de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña