Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29866

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de xullo de 2015 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 150/2015 no expediente de reposición da legalidade IU2/48/2012-R1, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario 150/2015, interposto por Tomás Castro López contra a Resolución do 12 de marzo de 2015, ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/48/2012-R1, pola que declara ilegalizables e se ordena a demolición das obras executadas no lugar de Pedracarballa, parroquia de Entenza, concello de Salceda de Caselas, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Xosé Sestelo Martínez para que poida comparecer como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística