Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 29 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica a resolución ditada no procedemento de baixa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, da entidade Azetanet, S.L. (número de censo 15C02384), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Azetanet, S.L. a Resolución do 27 de maio de 2015, da directora xeral de Emprego e Formación, ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

O prazo para interpoñer o recurso a que fai mención a dita resolución computarase a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Resolución de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego por solicitude da interesada.

Azetanet, S.L.

Rúa Gambrinus, número 101, módulo 0, nave 3

15008 A Coruña

Logo de examinar a inscrición/acreditación da entidade Azetanet, S.L., no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Antecedentes.

Primeiro. A entidade Azetanet, S.L., CIF B15732837, está inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, co número de censo 15H02384, nas especialidades formativas seguintes:

Código especialidade

Descrición

Alta homologación

ADGD0108

Xestión contable e xestión administrativa para auditoría

28.11.2012

ADGD0110

Asistencia na xestión de procedementos tributarios

28.11.2012

ADGD0208

Xestión integrada de recursos humanos

28.11.2012

ADGD0210

Creación e xestión de microempresas

28.11.2012

ADGD0308

Actividades de xestión administrativa

28.11.2012

ADGG0308

Asistencia documental e de xestión en despachos e oficinas

28.11.2012

ADGG0408

Operacións auxiliares de servizos administrativos xerais

28.11.2012

ADGG0508

Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos

28.11.2012

ADGN0108

Financiamento de empresas

28.11.2012

SSCF11

Metodoloxía da formación aberta e a distancia

25.11.2009

SSCS40

Comunicación en lingua de signos española

25.11.2009

Segundo. O 6 de febreiro de 2015, Azetanet, S.L. presentou escrito (Rexistro Xeral da Xunta de Galicia. Rexistro de Traballo e Benestar, Santiago de Compostela; entrada 2452/RX 243767) no cal renuncia á inscrición da empresa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, que estaba autorizada para impartir as seguintes especialidades formativas ADGG0408, ADGD0308, ADGD0108, ADGD0210, ADGD0208, SSCF11, SSCS40, ADGG0308, ADGG0508, ADGN0108, ADGD0110, e solicita que sexa baixa o antes posible na Consellería de Traballo e Benestar.

Terceiro. O 19 de febreiro de 2015 acordei a incoación de procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego por solicitude da interesada e dar trámite de audiencia a Azetanet, S.L.

O intento de notificación realizado á dita entidade foi devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida a destinataria, polo que foi notificado por medio de anuncios no taboleiro de edictos do concello no seu último domicilio e no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Transcorrido o prazo para formular alegacións, non consta que Azetanet, S.L. as presentase en tempo e forma.

Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. A competencia para iniciar e resolver este expediente correspóndelle á directora xeral de Emprego e Formación, de conformidade co establecido no artigo 6.3) e no artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 110, do 9.6.2011).

Segundo. O artigo 8.1.d) do Decreto 106/2011 establece que a Dirección Xeral de Emprego e Formación poderá acordar a baixa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, dos centros e entidades no suposto de solicitude do interesado.

Revisado o expediente, compróbase que Azetanet, S.L. solicitou a baixa no dito rexistro do número de censo 15H02384, sito na rúa Gambrinus, número 101, módulo 0, nave 3, 15008 A Coruña.

Terceiro. Tendo en conta que na tramitación do expediente se observaron as normas que para o efecto se establecen no Decreto 106/2011, do 19 de maio, e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vistos o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego; a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, modificada pola Orde ESS/1726/2012, do 2 de agosto, pola que se desenvolve o dito real decreto; o Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia; o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normativa de xeral aplicación.

De acordo con todo o indicado,

resolvo:

Dar de baixa a entidade Azetanet, S.L., número de censo 15H02384, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Notifíqueselles aos interesados esta resolución para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Contra esta resolución poderase interpoñer un recurso de alzada, ante a conselleira de Traballo e Benestar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2015

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación