Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 20 de xullo de 2015 Páx. 30142

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se establecen as zonas demarcadas por presenza da praga de corentena denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos e se adoptan medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.

Antecedentes.

O psílido africano dos cítricos,Trioza erytreae Del Guercio, orixinario de África e amplamente distribuído nese continente foi detectado en Europa inicialmente nos territorios insulares dos Azores, Madeira e Canarias. En prospeccións oficiais realizadas durante o ano 2014 detectouse a presenza deste organismo nocivo dentro da Comunidade Autónoma de Galicia en varios concellos das comarcas das provincias da Coruña e Pontevedra.

A Trioza erytreae Del Guercio é unha praga incluída na lista A2 da EPPO (European Plant Protection Organization), e a enfermidade que transmite, chamada Huanglongbing (HLB), causada pola bacteria Candidatus Liberibacter africanus, está encadrada na lista A1 (EPPO, 2014), polo que ambos son parasitos de corentena e polo tanto sometidos, a regulación, e por iso é necesario tomar medidas para a súa erradicación e control.

Os síntomas de ataque de Trioza erytreae Del Guercio nas follas dos cítricos son moi característicos xa que provoca distorsións e atrofias, formación de galadas e de verrugas que causan a perda da cor verde e a aparición de cloroses amarelas.

Consideracións legais e técnicas.

O artigo 14 do Decreto 132/2014, do 2 de outubro, polo que se establece a estrutura da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG núm. 198, do 16 de outubro), establece que a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria é o órgano competente en materia de protección e control da sanidade vexetal.

O artigo 14 da Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal (BOE núm. 279, do 21 de novembro), habilita a Comunidade Autónoma de Galicia para adoptar algunha das medidas fitosanitarias establecidas no artigo 18 da dita lei, o que implica a facultade de desinsectar, desinfectar, inmobilizar, destruír, transformar ou someter a calquera outra medida profiláctica os vexetais e os seus produtos, así como o material con eles relacionado que sexa ou poida ser vehículo de pragas (artigo 18.b).

O artigo 13 da Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal, establece que a execución das medidas fitosanitarias necesarias para a erradicación das pragas deberá realizalas o interesado, considerando que é obriga dos particulares:

a) Manter os seus cultivos, plantacións e colleitas, así como as masas forestais e o medio natural, en bo estado fitosanitario para a defensa das producións propias e alleas.

b) Aplicar as medidas fitosanitarias obrigatorias que se establezan como consecuencia da declaración de existencia dunha praga.

Segundo o artigo 53 e seguintes da dita Lei 43/2002, de sanidade vexetal, o incumprimento das devanditas medidas pode ser considerado infracción administrativa, o que pode obrigar ao órgano competente da Administración pública a iniciar o correspondente expediente sancionador con base nas obrigacións dos particulares na prevención e loita contra pragas. Segundo o artigo 19, a adopción destas medidas implica a entrada nos predios e parcelas dos particulares afectados polo organismo de corentena para a erradicación de todas as especies sensibles, sen prexuízo de que os titulares procedan á execución das medidas.

A Trioza erytreae Del Guercio é unha praga incluída no anexo I, parte A, sección 2 da Directiva 2000/29/CE do Consello, do 8 de maio de 2000, relativa ás medidas de protección contra a introdución na Comunidade de organismos nocivos para os vexetais ou produtos vexetais e contra a súa propagación no interior da Comunidade (DO L núm. 69, do 10 de xullo), e a enfermidade que transmite, chamada Huanglongbing (HLB), causada pola bacteria Candidatus Liberibacter africanus, está encadrada no anexo I, parte A, sección I da devandita directiva.

A Resolución do 10 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, declara a presenza da praga de corentena denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos e adóptanse medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 36, do 23 de febreiro).

Por todo o anteriormente exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Establecer como zonas demarcadas pola existencia da praga denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos na Comunidade Autónoma de Galicia as que se indican no documento gráfico do anexo I e na lista de concellos e parroquias afectadas do anexo II desta resolución.

Segundo. Establecer as seguintes medidas fitosanitarias de obrigado cumprimento dentro das zonas demarcadas:

a) Os propietarios que detecten a presenza da praga ou dos seus síntomas en árbores da súa propiedade teñen a obriga de comunicalo aos servizos oficiais de sanidade vexetal da súa provincia.

b) No momento en que se detecte a presenza na súa explotación ou horto privado do organismo nocivo Trioza erytreae Del Guercio (psílido africano dos cítricos), os afectados deberán realizar os tratamentos fitosanitarios determinados polos servizos técnicos oficiais. Como mínimo realizaranse dous tratamentos consecutivos cun intervalo de dúas a tres semanas alternando, se é posible, as materias activas autorizadas.

c) Na aplicación dos tratamentos terase en conta a etapa do cultivo, adecuaranse a ela os produtos elixidos para a loita contra o organismo nocivo e respectaranse en todo momento os condicionamentos e restricións establecidos pola lexislación vixente.

d) Aos viveiros situados en zonas demarcadas solicitaráselles censo de especies sensibles, datos de orixe e datas de adquisición das partidas, así como datos de destino nos últimos dous anos para a análise da devandita documentación.

e) Prohibirase o traslado ou movemento de todas as especies sensibles indicadas no anexo III nas zonas demarcadas, así como a comercialización de froitos de cítricos con follas ou pedúnculos se estes proceden das zonas demarcadas.

f) No punto de destino final de froitos de cítricos nas zonas demarcadas (centrais hortofrutícolas, centros de almacenamento) distribución ou expedición as instalacións terán que cumprir un protocolo en materia de hixiene dos vehículos de transporte, que consistirá en dispor dunha zona para a limpeza de camións onde se realice unha desinfección do vehículo para evitar a entrada da praga e a posible dispersión fóra das zonas demarcadas.

Terceiro. Os afectados polo organismo nocivo Trioza erytreae Del Guercio deberán prestar toda a colaboración que sexa necesaria para levar a cabo as actuacións que determine a Consellería do Medio Rural e do Mar para a erradicación e control da praga.

Cuarto. A localización e extensión das zonas demarcadas poderase modificar a medida que se realicen novas prospeccións e se detecten novos puntos positivos.

Quinto. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO I

Figura 1. Mapa das zonas demarcadas de Trioza erytreae Del Guercio

missing image file

ANEXO II

Lista de concellos e parroquias afectados polas zonas demarcadas
de Trioza erytreae Del Guercio

Provincia

Comarca

Concello

Parroquias

A Coruña

A Barbanza

Boiro

Todas

A Coruña

A Barbanza

Pobra do Caramiñal (A)

Todas

A Coruña

A Barbanza

Rianxo

Todas

A Coruña

A Barbanza

Ribeira

Todas

A Coruña

Fisterra

Cee

A Ameixenda (Santiago), Brens (Santa Baia), Cee (Santa María) e Toba (Santo Adrán)

A Coruña

Fisterra

Corcubión

Todas

A Coruña

Fisterra

Fisterra

Duio (San Vicenzo), San Martiño de Duio (San Martiño) e Sardiñeiro (San Xoán)

A Coruña

Muros

Carnota

Lariño (San Martiño), Lira (Santa María) e Santa Comba de Carnota (Santa Comba)

A Coruña

Muros

Muros

Todas

A Coruña

Noia

Lousame

Todas

A Coruña

Noia

Noia

Todas

A Coruña

Noia

Outes

Cando (San Tirso), Entíns (Santa María), O Freixo de Sabardes (San Xoán), Outes (San Pedro), Roo (San Xoán), San Cosme de Outeiro (San Cosme), Santo Ourente de Entíns (Santo Ourente) e Tarás (San Xián)

A Coruña

Noia

Porto do Son

Todas

A Coruña

O Sar

Dodro

Todas

A Coruña

O Sar

Padrón

Todas

A Coruña

O Sar

Rois

Augasantas (San Vicente), Buxán (San Xoán), Ermedelo (San Martiño), Leroño (Santa María), Oín (Santa María), Rois (San Mamede), Seira (San Lourenzo) e Sorribas (San Tomé)

Pontevedra

Caldas

Caldas de Reis

Todas

Pontevedra

Caldas

Catoira

Todas

Pontevedra

Caldas

Cuntis

Arcos (San Breixo), Couselo (San Miguel), Cuntis (Santa María), Estacas (San Fiz), Piñeiro (San Mamede), Portela (Santa Eulalia) e Troáns (Santa María)

Pontevedra

Caldas

Moraña

Amil (San Mamede), Cosoirado (Santa María), Gargantáns (San Martiño), Laxe (San Martiño), Rebón (San Pedro), Saiáns (San Salvador), San Lourenzo de Moraña (San Lourenzo) e Santa Xusta de Moraña (Santa Xusta)

Pontevedra

Caldas

Pontecesures

Pontecesures (San Xulián)

Pontevedra

Caldas

Portas

Todas

Pontevedra

Caldas

Valga

Todas

Pontevedra

O Baixo Miño

Guarda (A)

Todas

Pontevedra

O Baixo Miño

Oia

Todas

Pontevedra

O Baixo Miño

Rosal (O)

Todas

Pontevedra

O Baixo Miño

Tomiño

Goián (San Cristovo)

Pontevedra

O Morrazo

Bueu

Todas

Pontevedra

O Morrazo

Cangas

Todas

Pontevedra

O Morrazo

Marín

Todas

Pontevedra

O Morrazo

Moaña

Todas

Pontevedra

O Salnés

Cambados

Todas

Pontevedra

O Salnés

Grove (O)

Todas

Pontevedra

O Salnés

Illa de Arousa (A)

Todas

Pontevedra

O Salnés

Meaño

Todas

Pontevedra

O Salnés

Meis

Todas

Pontevedra

O Salnés

Ribadumia

Todas

Pontevedra

O Salnés

Sanxenxo

Todas

Pontevedra

O Salnés

Vilagarcía de Arousa

Todas

Pontevedra

O Salnés

Vilanova de Arousa

Todas

Pontevedra

Pontevedra

Barro

Todas

Pontevedra

Pontevedra

Campo Lameiro

Fragas (Santa Mariña), O Campo (San Miguel) e O Couso (San Cristovo)

Pontevedra

Pontevedra

Cotobade

Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Tenorio (San Pedro) e Viascón (Santiago)

Pontevedra

Pontevedra

Poio

Todas

Pontevedra

Pontevedra

Pontevedra

A Virxe do Camiño (Virxe do Camiño), Alba (Santa María), Bora (Santa Mariña), Campañó (San Pedro), Cerponzóns (San Vicente), Lérez (San Salvador), Lourizán (Santo André), Marcón (San Miguel), Mourente (Santa María), Pontevedra, Salcedo (San Martiño), Santa María de Xeve (Santa María), Tomeza (San Pedro), Verducido (San Martiño) e Xeve (Santo André)

Pontevedra

Pontevedra

Vilaboa

Cobres (Santo Adrán), Santa Comba de Bértola (Santa Comba), Santa Cristina de Cobres (Santa Cristina) e Vilaboa (San Martiño)

Pontevedra

Tabeirós-Terra de Montes

Estrada (A)

A Estrada (San Paio), A Somoza (Santo André), Barcala (Santa Mariña), Guimarei (San Xiao), Matalobos (Santa Baia), Ouzande (San Lourenzo), San Miguel de Barcala (San Miguel), San Xiao de Vea (San Xiao), Santo André de Vea (Santo André) e Toedo (San Pedro)

Pontevedra

Vigo

Baiona

Todas

Pontevedra

Vigo

Gondomar

Borreiros (San Martiño), Chaín (Santa María), Donas (Santa Baia), Mañufe (San Vicente), Vilaza (Santa María) e Vincios (Santa Mariña)

Pontevedra

Vigo

Nigrán

Todas

Pontevedra

Vigo

Pazos de Borbén

Amoedo (San Sadurniño), Cepeda (San Pedro) e Nespereira (San Martiño)

Pontevedra

Vigo

Redondela

Cabeiro (San Xoán), Cedeira (Santo André), Cesantes (San Pedro), Chapela (San Fausto), Negros (Santo Estevo), O Viso (Santa María), Quintela (San Mamede), Reboreda (Santa María), Redondela (Santiago), Saxamonde (San Román), Trasmañó (San Vicente) e Ventosela (San Martiño)

Pontevedra

Vigo

Vigo

Todas

ANEXO III

Especies sensibles de Trioza erytreae

Vexetais de Casimiroa La Llave, Clausena Burm. f., Murraya J. Koenig ex L., Vepris Comm., Zanthoxylum L., Citrus L., Fortunella Swingle e Poncirus Raf., e os seus híbridos, excepto os froitos e as sementes.

Especies sensibles de HLB

Vexetais de Aegle Corrêa, Aeglopsis Swingle, Afraegle Engl, Atalantia Corrêa, Balsamocitrus Stapf, Burkillanthus Swingle, Calodendrum Thunb., Choisya Kunth, Clausena Burm. f., Limonia L., Microcitrus Swingle, Murraya J. Koenig ex L., Pamburus Swingle, Severinia Ten., Swinglea Merr., Triphasia Lour. e Vepris Comm., Citrus L., Fortunella Swingle e Poncirus Raf. e os seus híbridos, excluídos os froitos (pero incluídas as sementes).