Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 1 de xullo de 2015, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-01826-O-2014 e catro máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense ditou a resolución dos expedientes sancionadores OU-01826-O-2014 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores se encontran á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 1 de xullo de 2015

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-01826-O-2014

0853-CCY

Garda Civil 3203 L24919Z

Moquetas Grupo V J P, S.L.

B83343491

Luarca, 4

28942 Fuenlabrada (Madrid)

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

27.9.2014; 19.00; A-52; 173,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

OU-01981-I-2014

M-5687-UP

Axente de inspección OU/015

Confusol, S.L.

B32184608

Apolo, 3

32002 Ourense

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

30.5.2014; 10.43; OU-536; 0.800

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

OU-02024-O-2014

8887-CJL

Garda Civil 3203 V46236Y

Sánchez Llamas Antonio Ildefonso

10202783Y

r/ Los Acebos, 280 (Urb. Las Lomas)

24195 Valdefresno (León)

Realizar transporte público de mercadorías con vehículo conducido por condutor dun país terceiro (non da UE) e non levar a bordo o correspondente certificado.

31.10.2014; 10.41; A-52; 193,9

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

OU-02050-O-2014

0857-FSN

Garda Civil 3203 L24919Z

Transportes Alfredo de la Dehesa Parra, S.L. Unipersonal

B01433200

Los Almendros, 41

09200 Miranda de Ebro (Burgos)

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

26.6.2014; 2.45; A-52; 132

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

OU-02124-O-2014

5955-HVD

Garda Civil 3203 T10323A

Juan Manuel Feijoo Fidalgo

44450294B

Calle Paseo dos Amieiros

32890 Barbadás (Ourense)

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 11 %.

24.10.2014; 11.12; A-52; 144,5

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

0 euros