Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 27 de xullo de 2015 Páx. 31194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se fai pública a Resolución do 24 de abril de 2015 pola que se declara a condición de auga mineral natural para bebida envasada das augas captadas no manancial Fonte das Cántaras, no termo municipal de Agolada.

Visto o artigo 3.2 e o anexo II do Real decreto 1798/2010, do 30 de decembro (BOE do 19 de xaneiro de 2011), polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais e augas de manancial envasadas para consumo humano, o artigo 24.4º da Lei de minas e 39.4º do Regulamento xeral para o réxime da minería, o xefe territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra:

RESOLVE:

Facer pública a Resolución do 24 de abril de 2015, da Consellería de Economía e Industria, que declara a condición de mineral natural para bebida envasada da auga do manancial Fonte das Cántaras na estrada de Melide, nº 25, polígono de Agolada, no concello de Agolada (Pontevedra) en terreos de propiedade do promotor Adolfo Campos Panadeiros con NIF 35234918E.

Pontevedra, 6 de maio de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra