Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LU-RES 2015/095 e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e doutras medidas de reforma administrativa, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para ser notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron acordados polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Lugo.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da Xefatura Territorial é a rolda da Muralla, nº 70, 2º, Lugo.

O prazo para realizar a comparecencia será de dez días. Este prazo comezará a contarse a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo de dez días desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da dita publicación.

Lugo, 14 de xullo de 2015

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

LU-RES 2015/095

Rovi Lugo, S.L.

Acordo de inicio de procedemento sancionador

LU-RES 2015/098

Dimitru Dan e Elomari Abdelkarim

Acordo de inicio de procedemento sancionador

LU-RES 2015/099

Marius Tanacui

Acordo de inicio de procedemento sancionador

LU-RES 2015/100

Vasile Zanfir

Acordo de inicio de procedemento sancionador

LU-RES 2015/103

Renato Ciprian Marin e Rubina Curt

Acordo de inicio de procedemento sancionador