Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Baltar (expediente IN407A 2015/45-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Ourense.

Denominación: recuamento LMT, CT e RBT Xinzo-Blancos-Baltar (XIN809).

Situación: Baltar.

Características técnicas:

– LMT subterránea a 20 kV de 760 m, con condutor RHZ1 12/20 kV 3×240 Al e con orixe no apoio proxectado na LMT Xinzo-Blancos-Baltar con PAS (expediente 2801-AT) e remate na LMT ao CT existente 32AFR8 (área recreativa), con entrada e saída no CT proxectado, manobra exterior estrada Cualedro, de 250 kVA e R/T 20.000/400-230V.

– LMT aérea a 20 kV de 35 m, con condutor LA 56/54,6 mm2 e con orixe no apoio existente próximo ao CT Fot. Baltar 1 e remate no apoio existente da LMT ao CT área recreativa 32AFR8.

– RBT aerosubterránea, de 10 m en aéreo con condutor RZ, e 385 m en subterráneo con condutor XZ1, derivada do CT proxectado. Orzamento: 153.673,78 euros.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, 32003 Ourense, no prazo de vinte días, contado a partir da última publicación ou notificación individual.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal ás dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Ourense, 23 de xuño de 2015

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Juan Ramón Velasco González
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 2015/45-3 Concello: Baltar Provincia: Ourense

Ret. LMT, CT e RBT XIN809-Castrelo

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos. Enderezo

Afeccións

m2

2

A Moa

Prado

María Cuquejo Carrasco

Gomariz, s/n, 32632 Baltar (Ourense)

CT

16.0