Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento, implantación e parametrización dunha ferramenta para a xestión do servizo helpdesk da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 07/2015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a análise, desenvolvemento, implantación, parametrización e formación no uso dunha ferramenta ITSM para a xestión dos servizos TI na organización, que soporte os procesos ITIL definidos na Amtega.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 14.11.2014.

DOUE: 13.11.2014.

BOE: 1.12.2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 922.680,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 307.560,00 €, máis 64.587,60 € en concepto de IVE (21 %), o que supón un total de 372.147,60 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 20.5.2015.

b) Data de formalización do contrato: 29.6.2015.

c) Contratista: Everis Spain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 284.350,97 € (IVE do 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

feder-gallego.png