Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32108

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 17 de xullo de 2015 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición (expediente IU1/11/2013-A1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 10 de xuño de 2015, resolución pola que se impón unha multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/11/2013 como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 26.12.2013 e 7.11.2014, en que se ordena a demolición de dúas edificacións de uso residencial, construción de tres edificacións máis auxiliares do dito uso, instalación de dous contedores e depósito de plásticos, entullos e chatarra, realizadas sen autorización autonómica, no lugar de Estibadiña, na parroquia de Aríns, no concello de Santiago de Compostela, nun recinto formado polas parcelas con referencias catastrais 15079A302000310000LZ e 15079A302000320000LU, por resultar incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Serafín dos Reis Machado, María do Ceu dos Santos Domingos e Serafín dos Santos Machado, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística