Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 7 de agosto de 2015 Páx. 32534

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Facenda

DECRETO 109/2015, do 6 de agosto, polo que se nomea directora da Axencia Tributaria de Galicia a Mª Victoria González Vázquez.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e 16.1 do estatuto da Axencia Tributaria de Galicia, aprobado polo Decreto 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a Axencia Tributaria de Galicia e se aproba o seu estatuto, por proposta do conselleiro de Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día seis de agosto de dous mil quince,

Nomeo directora da Axencia Tributaria de Galicia a Mª Victoria González Vázquez.

Santiago de Compostela, seis de agosto de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda