Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33732

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador/a do Servizo de Atención Primaria.

Unha vez convocada por Resolución 06S/2015, do 4 de xuño (DOG nº 199, do 26 de xuño), a provisión polo sistema de libre designación dun posto vacante de coordinador/a do Servizo de Atención Primaria, esta xerencia de xestión integrada, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das competencias atribuídas pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto vacante de coordinador/a do Servizo de Atención Primaria, anunciado pola Resolución 06S/2015 (DOG nº 199, do 26 de xuño).

Segundo. Nomear para o posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeña dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola Xerencia de Xestión Integrada. Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderá interporse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

A Coruña, 28 de xullo de 2015

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente da Xerencia de xestión integrada da Coruña

ANEXO

Posto: coordinador/a do Servizo de Atención Primaria de Cambre-Carral.

Nome e apelidos: Elena Suárez Nieto.

DNI: 33222770Y.