Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 18 de agosto de 2015 Páx. 33890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2015/190-1).

Nº de expediente: IN407A 2015/190-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT CRN-708A Lagoa da Frouxeira.

Concello: Valdoviño.

Características técnicas:

Retensamento dos condutores existentes LA-110 mm2 Al da LMT CRN-708A (expediente 52.292), no tramo entre o CT Robles (expediente 9.325) e a derivada ao CT Lago Torre (expediente 208/02), nunha lonxitude de 0,071 km entre os apoios nº 113 e nº 114 e nunha lonxitude de 0,087 entre os apoios nº 123 e nº 124.

Liña de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,871 km, con orixe no paso aéreo a subterráneo que se realizará no apoio nº 114 proxectado tipo HVH-13/3.500, que substitúe o existente da LMT GRN-708A (expediente 52.292), no tramo entre o CT Robles (expediente 9.325) e a derivada ao CT Lago Torre (expediente 208/02), e final no paso de subterráneo a aéreo que se realizará no apoio nº 123 proxectado tipo C-14/3.000 da mesma liña, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al.

Retirada do tramo de liña aérea entre os apoios proxectados nº 114 e nº 123 nunha lonxitude de 714 m, e un total de 10 apoios.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 24 de xullo de 2015

P.A. (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG núm. 140, do 24 de xullo)
Mª Mar Ferreiro Broz
Xefa do Servizo de Administración Industrial