Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 18 de agosto de 2015 Páx. 33898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 23 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o inicio de procedemento de reintegro da axuda para a promoción do emprego autónomo, regulada na Orde do 30 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 20 de xaneiro de 2012), relativa ao expediente TR341D 2012/850-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselles aos interesados un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, para que poidan formular as alegacións e presentar a documentación que xulguen pertinente, ante esta xefatura territorial.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 23 de xullo de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2012/850-2.

Nome: María Martha Bran Mercedes.

DNI/NIF: 34287452H.

Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Último enderezo coñecido: rúa Perpetuo Socorro, 7, 2º esq., 27002 Lugo.

Feito imputado: non realizar a atividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17, número 1.a), da orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Data do acordo: 2 de xuño de 2015.