Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 18 de agosto de 2015 Páx. 33876

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización da contratación, documentalmente simplificada e por prezos unitarios, do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de atención ás emerxencias e protección civil, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria e adxudicación baseada en multicriterios.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2015-SESE 07-AMP.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22078

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria «Atención ás emerxencias e protección civil».

c) División por lotes e número de lotes: non leva lotes.

d) CPV: 79341000-6. Servizos de publicidade.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG: nº 48, do 11 de marzo de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 198.347,11 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 198.347,11 €; importe total: 240.000,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16 de xullo de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 20 de xullo de 2015.

c) Contratista: Reclam Publicidad, Marketing y Artes Gráficas, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 198.347,11 €; importe total: 240.000,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza