Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 18 de agosto de 2015 Páx. 33903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 4 de agosto de 2015 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición (expediente PON/68/2013-RP1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 25 de xuño de 2015, unha resolución pola que se lle impón unha primeira multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número PON/68/2013-RP1 a José Luís Fariña Conde como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 5 de febreiro de 2012, que ordenaba a demolición das obras de recheos de terras executados con alteración da rasante natural do terreo no lindeiro sur e lateral dereito da parcela ao longo de todo o muro nunha franxa de 4 metros de ancho, incumprindo o número 3.2.2 das NSPM de Nigrán, que prohibe alterar a rasante natural do terreo nunha distancia de 3 metros desde o lindeiro das parcelas, promovidas polo interesado, na parcela con referencia catastral 54035A071000590000HL, no Camiño Altamira, Os Cotros, San Pedro da Ramallosa, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal este acordo é un mero acto de execución.

No caso de non exercer o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística