Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 18 de agosto de 2015 Páx. 33920

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO relativo á proposta de cumprimento de execución da Sentenza 184/2014, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ditada no procedemento ordinario 4002/2014, relativo ao Acordo do Pleno do 18 de novembro de 2013 de aprobación da modificación puntual número 4 do Plan especial de protección, reforma interior e conservación artística (Peprica) referida ao predio do edificio sito na rúa Michelena número 24.

O Pleno do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar con data do 20.7.2015, adoptou, entre outros pronunciamentos, o seguinte acordo que, na súa parte dispositiva literalmente, di:

«(...)Primeiro. Tomar razón, executar e levar a puro e debido efecto, nos seus propios termos, a parte resolutiva da Sentenza nº 184/2014, ditada con data do 26 de febreiro de 2015 pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG no procedemento ordinario 4002/2014, relativa ao Acordo do Pleno do Concello do 18.11.2013, de aprobación da modificación puntual nº 4 do Plan especial de protección, reforma interior e conservación artística do conxunto histórico artístico de Pontevedra, no que atinxe o rueiro Z4-C52, elemento 16, predio e edificio sito na rúa Michelena nº 24 (DOG do 24.12.2013 e BOP do 15.1.2014), que se anula á vez que se ordena a retroacción das actuacións do procedemento co fin de que se solicite da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria un informe sobre a modificación do dito plan especial.

Segundo. Retrotraer en execución de sentenza as actuacións do procedemento de modificación do Peprica con notificación do presente acordo aos interesados, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ás cales se Iles remitiu unha copia autenticada de dous exemplares do instrumento corrixido cuxa aprobación foi anulada, con todos os planos e documentos que o integran, debidamente dilixenciados no seu momento pola Secretaría Xeral do Concello, e solicitóuselle expresamente á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a emisión do informe que prevé o artigo 45.1 da Lei do patrimonio cultural de Galicia, en relación co artigo 93.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, ao respecto do instrumento urbanístico redactado polo arquitecto xefe da Oficina Técnica de Planeamento e Xestión Urbanística, con data de xullo de 2013, denominado modificación puntual núm. 4 do Peprica no elemento Z4-C52-16, que abrangue a ficha 4-52-16 corrixida, que substitúe o nivel de protección do predio e edificio sito na rúa Michelena nº 24, que pasa de ambiental A para as plantas existentes a ambiental B, consonte as determinacións do propio Peprica, así como os planos denominados: Hoja O-7: niveles de protección e Hoja 52-P: alzados Z4-C52 proposta, informe que se entenderá positivo transcorridos tres meses desde a súa presentación.

Terceiro. Dispor que se publicite o presente acordo mediante anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de edictos do Concello de Pontevedra e na páxina web http//www.pontevedra.eu

Cuarto. Dar traslado do presente acordo á Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia(...)».

Pontevedra, 24 de xullo de 2015

Miguel Anxo Fernández Lores

José Carlos Castiñeira Piñeiro

Alcalde

Secretario xeral do Pleno por substitución