Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 20 de agosto de 2015 Páx. 34251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 23 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015082TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 25 de xuño de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2015082TA-OU, a Sánchez Erazo, James Arley, DNI Y1355107P, con domicilio na rúa Bonhome, 27, 1º, 32005 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Sánchez Erazo, James Arley, DNI Y1355107P, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro; a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 23 de xullo de 2015

P.A. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo)
Andrés Castro Bande
Xefe do Servizo de Xestión

ANEXO

Expediente sancionador: 2015082TA-OU.

Denunciado: Sánchez Erazo, James Arley.

DNI/NIF/CIF: DNI Y1355107P.

Último enderezo coñecido: rúa Bonhome, 27, 1º, 32005 Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30 €).