Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 20 de agosto de 2015 Páx. 34241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2015/122-1).

Número de expediente: IN407A 2015/122-1.

Solicitante: Endesa Distribución Eléctrica, S.L.

Denominación: reforma LMT L2C2 e enlace coa LMT Geotecnia en antiga mina de Endesa-As Pontes de García Rodríguez.

Concello: As Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas: desmontaxe dos dous primeiros apoios da liña LMT L2C2 (apoios nº 1 e 2) e enlace coa liña existente (LMT Geotecnia) entre os apoios nº 3 (LMT L2C2) e 5 (LMT Geotecnia).

O novo tramo de liña terá unha tensión nominal de 20 kV, dobre circuíto en LA-180 e 170 metros.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 6 de xullo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña