Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 20 de agosto de 2015 Páx. 34238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 10 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a proposta de resolución do expediente sancionador E.S. 2015/19-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido ao non ser posible a súa práctica, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

A Coruña, 10 de agosto de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: SAI IN 635C 2015/19-1.

Interesado: Iván Manuel López Orille.

CIF: 47359045K.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.