Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 20 de agosto de 2015 Páx. 34272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 1 de xuño de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se dá publicidade ao acordo polo que se inicia o expediente 424 de clasificación como veciñal en man común do monte Carantoña, de San Martiño de Carantoña, do concello de Vimianzo.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión que tivo lugar o o día 28 de novembro de 2014, acordou iniciar a tramitación do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte cuxas características se indican a seguir:

Expediente: 424.

Monte: Carantoña.

Comunidade veciñal: veciños de Carantoña e Tras do Ceán.

Parroquia: San Martiño de Carantoña.

Concello: Vimianzo.

Superficie total: 197,93 ha.

Encravado: 1,58 ha.

Superficie solicitada: 196,35 ha.

Segundo o informe do xefe da Área Técnica de Montes Veciñais en Man Común do 11.2.2015, os seus límites e a descrición dos estremeiros, seguindo os puntos cardinais, cadra coa descrita para o monte Carantoña nº 384 do CUP, na alínea a), que son:

Norte: Río Grande, leiras de particulares e Río Grande.

Este: leiras na parroquia de Calo, leiras de veciños de Vimianzo e monte Sangre.

Sur: leiras de veciños de Vimianzo, leiras do lugar A Casa do Prado, leiras de veciños de Vimianzo e Carantoña e monte Sangre.

Oeste: leiras de veciños de Cornes e Cerixo, seguindo en parte o regato Rego Monso.

En virtude do acordado polo Xurado, conforme o disposto na Lei galega de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, por medio deste edicto faise público o inicio da tramitación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 4 de setembro de 1992, de desenvolvemento da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente e formular perante este xurado no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ao respecto.

A Coruña, 1 de xuño de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común da Coruña