Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 20 de agosto de 2015 Páx. 34280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 5 de agosto de 2015, da Zona de Recadación de Vigo, polo que se dá a coñecer a realización dunha poxa pública de bens/dereitos.

O día 11 de novembro de 2015, ás 10.30 horas, nos locais da zona de recadación de Vigo (sita na rúa Areal nº 62, local 3 de Vigo) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a continuación:

Debedor: Surbani Promociones, S.L. CIF: B36528784

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1 ª

Tramos

1

Predio de Lugo: 76717.

Urbana, parcela, parroquia Santiago de Saamasas.

Situación: Agro da Freixoeira.

Referencia catastral: 6343825PH1664S0001XS

Superficie útil: cento oitenta e dous metros, corenta e seis decímetros cadrados.

Estrema: norte, coa parcela número vinte e catro do mesmo plano e porción que se reserva ao vendedor; sur, camiño público; este, coa parcela número vinte e seis deste e porción adquirida por Jesús Fernández Darriba e José Varela Bravos; oeste, co predio de herdeiros de Antonio Prado.

Descrición: parcela de terreo, procedente da porción do lado oeste, do predio chamado leira da Pombeira sinalada co número vinte e sete.

Surbani Promociones, S.L.U., B36528784, 100 % do pleno dominio por título de compravenda.

Inscrita Rexistro número 1 de Lugo, tomo 1198, libro 759, folio 90, alta 4.

Ten constituída ao seu favor servidume permanente de paso peonil e con vehículos nos termos que constan na inscrición 3ª; atópase suxeita ás medianeiras que se relacionan na inscrición 1ª.

56.015,00 €

Non constan

56.015,00 €

1.000,00 €

Debedor: Inversiones Inmoviliarias y Buques CIF: B36657302

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1 ª

Tramos

2

Predio de Vigo n°: 55613.

Urbana: outros urbanas: número da propiedade horizontal un.

151.108,00 €

Non constan

151.108,00 €

1.000,00 €

Situada en Vigo na avenida Hispanidad co número 55, planta Alt, cunha superficie construída de douscentos seis metros, noventa e catro decímetros cadrados.

Estrema: norte, Manuel Cerdeira Rodríguez e o predio segregado; sur, camiño ou subida a Atalaya; este, María Esther Portas Varela; oeste, María de las Mercedes Muñoz e corredor propio do predio matriz.

Cota: vinte enteiros, sete décimas por cento. Local sito na planta. Ten 2,75 m de altura. Identificador único de predio rexistral: 36020000148439.

Inversiones Inmobiliarias Buques; B36657302 1094 1094 64 2.

Participación: 100 % do pleno dominio.

Título: adquirida por compravenda.

Este edificio consta de dúas plantas con superficie en cada planta de 250 m2. Os locais segregados en planta baixa teñen todos unha altura real de 5,90 metros e nelas hase de ter incluída a do alzadeiro do local 1-D. Esta altura vén dada ao non construírse planta primeira, ou entreplanta, a planta alta ten unha altura de 2,75 metros. Desta planta baixa foron vendidos os locais 1-A, 1-B, 1-C, 1-D, e 1-E, con superficies de 52, 38, 75, 47 e 38 m2, respectivamente, que sumadas dan a superficie de 250 m2 en planta baixa. Da planta alta foi vendido o local 1-F de 43,06 m2.

Rexistro da Propiedade número 5, tomo 1094, libro 1094, folio 64, predio 55613.

Observacións: consta no expediente de constrinximento un certificado expedido, con data 2.12.2014, por Rafael Costas, C.B. (administrador da Comunidade de Propietarios Vía Hispanidad, 55, en Vigo) comunicando a existencia de débedas contraídas coa comunidade, polo copropietario Inversiones Inmobiliarias y Buques, S.L., cuxo importe ascende a 4.348,15 €.

Debedor: Lago Davila, Verónica CIF: 53187837S

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1 ª

Tramos

3

Urbana, vivenda illada, situada na Guarda, en parroquia de Salcidos, situada en Barrio de Netos, con unha superficie construída de sesenta e nove metros cadrados.

Estrema: norte, Carlos Silva; sur e este, camiño; e oeste, Juan Álvarez. Referencia catastral: E10303800000000002DW. Casa de planta baixa en estado ruinoso, chamada Casa da Calista. Obra nova rematada.

Lago Davila Verónica, 53187837S, 100 % do pleno dominio por título de compra, segundo a inscrición 6ª.

Inscrición: Rexistro da Propiedade de Tui, tomo 1130, libro 129, folio 215, predio 6.010.

22.709,19 €

Non constan

22.709,19 €

1.000,00 €

Debedor: Proquiora, S.L. CIF: B36891059

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1 ª

Tramos

4

Municipio: Mondariz Balneario, Predio 1304.

Natureza do predio: urbana-adega-rocho.

Obra rematada, cota de participación 0,4000 %, orde: 1

Vía pública: rúa Ramón Peinador, nº 36 A, planta soto, código postal 36031.

Superficie construída: 15,55 metros cadrados.

Estremas: dereita, entrando, parede de peche do soto, esquerda, caixas de ascensor e escaleiras, fondo, parede de peche do soto, fronte, zonas comúns polas que se accede a este e adega rocho número T-73.

Descrición: departamento número uno, adega-rocho número setenta e catro no soto do edificio ao que debe corresponder o nº 36-A da avenida Ramón Peinador e o nº 25 a rúa Doutor Blanco Nájera no Concello de Mondariz-Balneario. Mide a superficie construída de quince metros cincuenta e cinco decímetros cadrados.

Referencia catastral: 4053007NG4745S0002IO

Proquiora, S.L., B36891059, 100 % do pleno dominio.

Título: obra nova e división horizontal.

Inscrita Rexistro da Propiedade de Ponteareas, tomo 1277, libro 16, folio 103. Alta 1.

2.591,00 €

Non constan

2.591,00 €

500,00 €

Debedor: Alonso Couto, M. Jesús CIF: 36048461D

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1 ª

Tramos

5

Vehículo matrícula: 1998FFH.

Marca: Peugeot.

Modelo: 1007 1.4.

Tipo: turismo.

Bastidor: VF3KM8HZC20084961.

Data de matriculación: 30.8.2006.

3.700,00 €

Non constan

3.700,00 €

500,00 €

Debedor: Alonso Couto, M. Jesús CIF: 36048461D

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1 ª

Tramos

6

Dereitos hereditarios que corresponden a M. Jesús Alonso Couto respecto do predio que se detalla a continuación por falecemento de Jesús Alonso Comesaña, pai da debedora, viúvo, casado en únicas nupcias con Encarnación Couto Diz, faleceu o 7 de agosto de 2006. O causante faleceu outorgando testamento con data do 27.11.2005 ante o notario Gerardo García-Boente Sánchez, co número 2.607 de protocolo, no cal institúe herdeiros por iguais partes dos seus bens, dereitos e acción aos seus fillos María Jesús e José Ignacio Alonso Couto.

49.667,00 €

Non constan

49.667,00 €

1.000,00 €

Predio de Vigo nº: 60769.

Urbana: local comercial: número da propiedade horizontal Un-A. Situada en Vigo na rúa Conde co número 7, planta 00, con unha superficie construída de trescentos metros, cincuenta e dous decímetros cadrados e unha superficie útil de douscentos setenta e sete metros, vinte e dous decímetros cadrados. Estremas: norte, Xavier Ozores Pedrosa; sur, rúa particular; este, local Un-B, do mesmo edificio; oeste, Xavier Ozores Pedrosa. Cota: catorce enteiros, vinte e cinco centésimas por cento. Descrición: planta baixa que é o elemento número Un-A, con destino industrial, sito en La Pastora, parroquia de Freixeiro, hoxe r/ Conde, nº 7.

Nome titular:

Figueroa Pala, José Carlos (35969868F).

Sueiro Pérez, María Dolores (35993984L).

Participación: 50 % do pleno dominio con carácter para a súa sociedade ganancial.

Título: adquirida por compravenda en virtude de escritura pública, autorizada polo notario Gerardo García-Boente Sánchez en Vigo-Traviesas, o día 29.11.1996, baixo o número 3.300 do seu protocolo.

Alonso Comesaña, Jesús (35872561J).

Participación: 50 % do pleno dominio.

Título: adquirida por compravenda en virtude de escritura pública, autorizada polo notario Gerardo García-Boente Sánchez en Vigo-Traviesas, o día 29.11.1996, baixo o número 3.300 do seu protocolo.

Inscrición 3ª, tomo 618, libro 618, folio 99.

Rexistro da Propiedade número 5 de Vigo.

Observacións: no certificado de cargas expedido con data do 14.4.2014 polo Rexistro da Propiedade número 5 de Vigo, consta como carga unha hipoteca a favor do Banco Central Hispanoamericano, Sociedad Anónima; dita hipoteca atópase cancelada economicamente na actualidade, segundo escrito con data do 19.11.2013 expedido pola entidade bancaria.

Debedor: Alonso Couto, M. Jesús CIF: 36048461D

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1 ª

Tramos

7

Predio de Vigo nº: 48937.

Urbana. Cinco. Piso cuarto, con destino a vivenda, con entrada pola escaleira interior, do edificio sen número de goberno, sito na Primeira Travesía da Avenida de Castrelos, barrio de Cataboi, hoxe sinalado co número 1 a rúa Tranviarios, do municipio de Vigo. Ocupa a superficie aproximada de sesenta e catro metros cadrados. Estrema: ao fronte, a Primeira Travesía da Avenida de Castrelos, hoxe rúa Tranviarios; costas ou fondo, predio de Paulino de la Iglesia; este, predio de Saturnino Pérez; e esquerda, de José da Presa.

53.292,00 €

498,38 €

52.793,62 €

1.000,00 €

Forma parte integrante deste piso o servizo de lavadoiro que ten ao fondo do patio existente á dereita, así como tamén é integrante deste piso, o primeiro, segundo e terceiro, o desván do edificio. Cota, 20 por cento.

Referencia catastral: 2143403NG2724S0005FO.

Titularidades:

José Ignacio Alonso Couto, con DNI 36084768E, en canto a unha metade indivisa do pleno dominio con carácter privativo. Adquirida por herdanza. Inscrición 2a ao tomo 1541, libro 606, folio 64.

María Jesús Alonso Couto, con DNI 36048461D, en canto a unha metade indivisa do pleno dominio con carácter privativo. Adquirida por herdanza. Inscrición 2a ao tomo 1541, libro 606, folio 64.

Rexistro da Propiedade número 3 de Vigo.

María Jesús Alonso Couto con DNI 36048461D e José Ignacio Alonso Couto con DNI 36084768E, extinguen a comunidade existente sobre o predio descrito anteriormente, adxudicándose a María Jesús Alonso Couto o 100 % desta, segundo escritura pública con data do 27.10.2005, ante o notario Gerardo García-Boente Sánchez co número de protocolo 2.611.

Debedor: Exploibérica-Perforación y Desmont CIF: B36981512

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1 ª

Tramos

8

Vehículo matrícula: 8806FTL.

Marca: Citröen.

Modelo: C3 HDI 70 Collect.

Tipo: turismo.

Bastidor: VF7FC8HZC28949165.

Data de matriculación: 30.7.2007.

3.640,00 €

Non constan

3.640,00 €

500,00 €

Debedor: Impergalicia, S.A. CIF: A36103273

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1 ª

Tramos

9

Vehículo matrícula: 6825CGD

Marca: Iveco

Modelo: 50C15

Tipo: camión caixa.

Bastidor: ZCFC050A00D200293

Data de matriculación: 27.3.2003

6.400,00 €

Non constan

6.400,00 €

500,00 €

De conformidade co disposto no artígo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están a disposición dos interesados na Zona de Recadación de Vigo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros. Os bens mobles obxecto desta poxa atópanse depositados nas instalacións do depositario nomeado: rúa Bajada a Capitán, 43, de Vigo, Pontevedra.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscribibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o que se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos nos que sexa preciso, haberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a Mesa da Poxa, con anterioridade á súa celebración, un depósito do 20 % do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 %. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades nas que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso a Mesa de Poxa sustituirá os licitadores, puxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da celebración da primeira licitación, a Mesa poderá acordar a celebración dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 % do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto nos artigos 104.7 e 107 do Regulamento xeral de recadación e ao disposto no punto sexto da Instrución número 11/2000, do 30 de novembro de 2000, da DXT, pola que se establece o procedemento para o alleamento de bens, se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa polo prazo que se estime oportuno co límite de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á Mesa da Poxa.

A Mesa da Poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo establecido, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun novo prazo para a presentación de ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

Vigo, 5 de agosto de 2015

Javier Sánchez García
Recadador da Zona de Vigo