Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 20 de agosto de 2015 Páx. 34297

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual número 5 do Plan xeral de ordenación municipal.

A Corporación Municipal en pleno, en sesión que tivo lugar o 17 de xullo de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Prestar aprobación inicial á modificación puntual nº 5 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo, contida no documento denominado Proxecto de modificación puntual nº 5 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo, con data de setembro-2014 e redactado por Rafael Vázquez Abal, José Manuel Rey Rial e Juan Lorenzo Ramírez.

Segundo. Ao abeiro do disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA), someter o expediente completo ao trámite de información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia de Pontevedra. Entre a documentación que se somete a información pública, por aplicación do artigo 237.2 da LOUGA, está o texto íntegro do convenio, negociado simultaneamente coa tramitación desta modificación puntual coa cal garda directa relación, asinado o 20 de maio de 2015 pola entidade mercantil Construcciones Bamarti, S.L., por Sara Ruíz Lima, no seu nome e no de seu irmán, Bernardo Ruíz Lima, e pola Alcaldía.

Terceiro. Simultaneamente, e durante o mesmo tempo que a información pública, déselles audiencia aos concellos limítrofes, e solicítense os informes sectoriais que resulten pertinentes, conforme o previsto nos informes dos técnicos municipais que constan unidos ao expediente, co fin de que sexan emitidos no prazo máximo dun mes, agás que a lexislación sectorial sinale outro prazo.

Sanxenxo, 17 de xullo de 2015

Gonzalo Gonzalo Pita
Alcalde