Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 28 de agosto de 2015 Páx. 35145

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2015 pola que se fai público o cofinanciamento por parte da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, da encomenda de xestión da obra de limpeza e acondicionamento dos encoros do Cabaneiro e das Maciñeiras, Cariño (A Coruña).

missing image file

De conformidade coa normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos, procédese a dar publicidade ao cofinanciamento europeo, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na regulación europea sobre os fondos e, en xeral, do disposto na demais normativa que resulte de aplicación na materia, e ao abeiro do previsto na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública Augas de Galicia, da encomenda de xestión seguinte:

1. Entidade encomendante.

Organismo: Augas de Galicia.

Actuación: obras.

Tipo de tramitación: encomenda de xestión á Empresa de Transformación Agraria, S.A. como medio propio instrumental e servizo técnico do poder adxudicador.

2. Encomenda de xestión.

Título: limpeza e acondicionamento dos encoros do Cabaneiro e das Maciñeiras, Cariño (A Coruña).

Clave do expediente: OH.115.1040.

Descrición do obxecto: as obras, en termos xerais, inclúen a desbroza e retirada da vexetación tanto nas marxes dos encoros do Cabaneiro e das Maciñeiras coma dos propios encoros, a limpeza e retirada de sedimentos dos encoros, o baleiramento do seus vasos, a canalización temporal do leito do río no fondo do vaso e todo o necesario para manter e garantir a subministración de auga potable ao municipio de Cariño.

Orzamento: importe neto: 89.692,10 euros. Importe total: 108.527,44 euros.

Cofinanciamento da Unión Europea: esta actuación será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013; eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos; tema prioritario ou medida 45: xestión e distribución de auga potable; actuación 3.45.2: renovación, mellora, optimización e desenvolvemento de novas infraestruturas de abastecemento tales como presas, pequenos encoros, captacións, depósitos reguladores, estación de tratamento de augas potables, redes de distribución e sistema de automatización e control. Unha maneira de facer Europa.

Data de formalización: 5 de agosto de 2015.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia