Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 3 de setembro de 2015 Páx. 35711

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de convocatoria para seleccionar profesores de música.

O Concello de Arzúa convoca oposición para poder seleccionar os oito profesores de música que deberán ser contratados, a tempo parcial, na modalidade de contrato por obra ou servizo determinado, por un salario de 15 euros brutos por hora de traballo, incluído o rateo de pagas extras, para realizar a función da docencia musical no Conservatorio Profesional de Música de Arzúa e na Escola Municipal de Música de Arzúa, durante o curso lectivo 2015-16, de conformidade coas bases aprobadas pola Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o día 18 do presente mes de agosto, e a súa modificación acordada na sesión que tivo lugar o día 26 deste mesmo mes.

As especialidades que se van contratar son as seguintes: guitarra, percusión, piano, tuba-trombón, trompa-trompeta, contrabaixo-violonchelo, violín-viola e canto.

As bases que rexen a convocatoria encóntranse de manifesto nas oficinas municipais e na páxina web do Concello: www.concellodearzua.com

O prazo de presentación de solicitudes, ás cales se deberá adxuntar a documentación prevista na base 3ª, será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Arzúa, 28 de agosto de 2015

José Luis García López
Alcalde