Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 7 de setembro de 2015 Páx. 36126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non harmonizado e contratación documentalmente simplificada, do servizo de limpeza do CPI de San Sadurniño, do concello de San Sadurniño.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Subdirección Xeral de Centros. Servizo de Centros.

c) Número de expediente: ED-06/2015-DXCRH.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza integral das instalacións educativas do CPI especificado no encabezamento.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución: no CPI de San Sadurniño, no concello de San Sadurniño.

e) Prazo de execución: dous anos, desde o 1 de decembro de 2015 ata o 30 de novembro de 2017.

f) Clasificación: non se exixe.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto non harmonizado.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: o importe neto do contrato é de 89.870,04 euros, máis 18.872,71 euros que corresponden ao 21 % do IVE, o que supón un importe total de 108.742,75 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 65 18.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos, así como a información correspondente a esta contratación, no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23260

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, en calquera dos seus rexistros auxiliares ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data e a hora de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, telegrama ou fax (núm. fax: 981 54 65 42) nese mesmo día.

2ª. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3ª. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: os actos públicos de apertura de proposicións realizaranse no lugar, data e hora que se anunciará no perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23260 , con 48 horas de antelación á realización dos ditos actos.

9. Gastos do anuncio: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2015

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Unviersitaria