Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 9 de setembro de 2015 Páx. 36337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal na nacional N-550 A Rocha e N-120 O Painzal, concello do Porriño (expediente 2015AAE1797; código 1721/2015).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 24 de agosto de 2015, sobre a modificación puntual do PXOM na nacional N-550 A Rocha e N-120 O Painzal, concello do Porriño.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave .

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental