Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 14 de setembro de 2015 Páx. 36565

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 10 de agosto de 2015 pola que se convoca o Curso de Administración electrónica e arquivo electrónico administrativo.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG núm. 158, do 20 de agosto de 2015, é necesario facer as seguintes correccións:

Na páxina 34194, na base 6.2.2, onde di: «Experiencia profesional independente e distinta da correspondente ao actual posto de traballo, o que se acreditará exclusivamente nos termos sinalados na base 8.1», debe dicir: «Experiencia profesional independente e distinta da correspondente ao actual posto de traballo».

Na páxina 34196, na base 10, o parágrafo terceiro deberá suprimirse integramente.