Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 17 de setembro de 2015 Páx. 37048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2015/153-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: LIDL Supermercados, S.A.U.

Domicilio social: Beat Oriol, s/n, Polígono Ind. La Granja Montcada i Reixac. 08110 Barcelona.

Denominación: CS e CT de 250 kVA para nave comercial.

Situación: avda. Bértoa, s/n, Carballo.

Descricións técnicas: centro de secionamento en edificio prefabricado de formigón compartido co centro de transformación. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-secionadores (24 kV, 400 A, 16 kV).

Centro de transformación anexo ao CS con celas prefabricadas de secionamento, proteción e medida (24 kV, 400 A, 16 kV) e transformador de 250 kVA, relación 20 kV/420 V refrixeración natural seco.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 13 de agosto de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña