Expediente: IN407A 2015/223-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: subestación Padrón 66/20 kV, blindaxe MT.
Concello: Padrón.
Características técnicas:
Blindaxe do parque de 20 kV da subestación mediante a instalación de celas illadas en SF6, tipo Nxplus de ISOWAT, configuración dobre barra.
Instalaranse dous novos transformadores de servizos auxiliares de 160 kVA que substituirán o existente. Renovaranse tamén o cadro de SSAA e as baterías de 125 Vcc e 48 Vcc.
Instalaranse nun novo edificio singular anexo ao edificio de 66 kV existente.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 25 de agosto de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña