Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 17 de setembro de 2015 Páx. 37072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 2 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o inicio do dereito de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2015/270-1.

Intentada a notificación por correo certificado ao titular da empresa que se indica a continuación, sen que se puidese practicar, mediante esta cédula notifícaselle o inicio do trámite de audiencia, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC).

A notificación farase ao mesmo tempo e preceptivamente por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Dispón dun prazo de oito días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, durante o que poderá exercer o dereito de audiencia mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, na rúa Salvador de Madariaga 9-1º (Centro Comercial Elviña) na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro do expediente.

Realizado o trámite de audiencia, o suxeito responsable poderá formular novas alegacións por termo doutros tres días, despois dos que o expediente quedará visto para a proposta de resolución, de conformidade co artigo 18.4 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

A Coruña, 2 de setembro de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente nº: RL 2015/270-1.

Acta inf. nº: I152015000048295.

Empresa: Arias Logística y Transporte, S.L.

NIF: B27288521.

Enderezo: rúa das Leiteiras 5, porta 5, polígono do Ceao, 27003 Lugo.

Materia: relacións laborais.

Normativa infrinxida: artigo 35.5 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores.

Tipificación: artigo 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Proposta de sanción: 626 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

– Alegacións da empresa.

– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.