Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 17 de setembro de 2015 Páx. 37079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dunha subministración, mediante a modalidade de arrendamento financeiro, de setenta e sete vehículos para a Rede de alerta de sanidade animal (expediente 24/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración mediante a modalidade de arrendamento financeiro (renting) de setenta e sete vehículos para a Rede de alerta de sanidade animal.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22362

d) Diario oficial e data de publicación dos anuncios de licitación: DOUE do 13 de maio, BOE do 23 de maio e DOG nº 101, do 1 de xuño de 2015.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 1.240.066,08 €, IVE (21 %): 260.413,88 €. Importe total: 1.500.479,96 €.

Valor estimado: 1.860.099,12 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 15 de xullo de 2015.

b) Adxudicataria: Empresa Monforte, S.A.

c) Importe de adxudicación (sen IVE): 902.544 € para os setenta e sete vehículos; IVE (21 %): 189.534,24 €. Importe total (con IVE): 1.092.078,24 €.

d) Data de formalización do contrato: 6 de agosto de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar