Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 17 de setembro de 2015 Páx. 37083

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia de varias resolucións de recursos de alzada contra as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Dodro-Laíño (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, os interesados poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de servizos múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. Unha vez transcorrido o dito prazo sen que se efectuase a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

Contra as resolucións a que se refire o anexo, que poñen fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE.

A Coruña, 4 de setembro de 2015

P.A.
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo da Coruña

ANEXO

Acto notificado: Resolución do 17 de novembro de 2014.

Interesado: Baleirón Pérez, Manuel.

Acto notificado: Resolución do 17 de novembro de 2014.

Interesada: Figueroa Lorenzo, Josefa.

Acto notificado: Resolución do 17 de novembro de 2014.

Interesado: Martínez Rial, Antonio Félix.

Acto notificado: Resolución do 17 de novembro de 2014.

Interesado: Rodríguez Ramos, Manuel Serafín.

Acto notificado: Resolución do 17 de novembro de 2014.

Interesada: Segade Novo, Olivia.

Acto notificado: Resolución do 17 de novembro de 2014.

Interesada: Segade Romero, Lidia.