Execución de títulos xudiciais 86/2015
Procedemento de orixe: procedemento ordinario 454/2014
Sobre ordinario
Demandante: Alba Ortega Coto
Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Ramón Peteiro Carrillo
Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 86/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Alba Ortega Coto contra a empresa Ramón Peteiro Carrillo, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:
Acordo:
a) Declarar o executado Ramón Peteiro Carrillo en situación de insolvencia por importe de 2.548,14 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.
b) Arquivar as actuacións logo de anotalas no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.
c) Unha vez firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.
Para que sirva de notificación en legal forma a Ramón Peteiro Carrillo, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Pontevedra, 29 de xullo de 2015
A secretaria xudicial