Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 22 de setembro de 2015 Páx. 37506

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación (expediente 15/15).

Por acordo da Xunta de Goberno local do 3.9.2015, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 15/15).

2. Obxecto do contrato: servizo da escola municipal de música.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 240.000 € (exento de IVE), para os cursos 2015/16 e 2016/17 (coa posibilidade de prorrogar os cursos 2017/18 e 2018/19).

5. Garantías. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 8 días naturais (ao ser declarada a urxencia do procedemento) desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, BOP e perfil do contratante do Concello do Porriño ( www.contratosdegalicia.es ).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 7 de setembro de 2015

Eva García de la Torre
Alcaldesa