Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 29 de setembro de 2015 Páx. 38126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2015/254-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Aguas de las Cuencas de España (Acuaes).

Domicilio social: Agustín de Betancourt, 25, 4ª planta, 28003 Madrid.

Denominación: LMTS, CS e CT de 250 kVA para tanque de tormentas Caranza 1.

Situación: rúa Telleiras, 9999, 15406 Ferrol.

Características técnicas: LMTS co inicio na liña existente SMT732 nas proximidades do CS 15CHDS, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) Al, lonxitude 90 m, e remate no CS proxectado.

CS en edificio de obra civil compartido co CT. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-seccionadores (24 kV, 400 A, 25 kA).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 17 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña