Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 29 de setembro de 2015 Páx. 38194

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO da convocatoria pública para a concesión de bolsas de estudo para o curso 2014/15.

Mediante Resolución da Alcaldía, do 11 de marzo de 2015, acordouse:

Primeiro. Realizar a convocatoria pública para a concesión de bolsas de estudo para o curso 2014/15.

Requisitos: os establecidos nas bases da convocatoria.

Segundo. Publicar esta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web do concello.

Abegondo, 11 de marzo de 2015

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde